Aviso legal 

08 A formación, onde se precise

Sociser entende a formación como unha ferramenta de carácter transversal que permite dar resposta ás necesidades específicas dos distintos colectivos sociais, facilitando a súa inserción ou mellora laboral e, con isto, a súa integración social.

Para iso a compañía desenvolve, a través de Coesco, proxectos formativos adaptados tanto ás necesidades de cada colectivo e de cada administración ou entidade prestadora, como ás novas esixencias dos mercados. Ademais, implementa itinerarios formativos encamiñados á obtención dos distintos certificados de profesionalidade e desenvolve programas específicos de formación no ámbito dos servizos á comunidade.

E o fai como centro acreditado por distintos organismos públicos, cun sistema de calidade implantado e auditado e coa capacidade de impartir formación adaptada alí onde se precise: en centros propios ou a través de aulas itinerantes.
Proxectos e itinerarios formativos

• Xestión integral da formación para o emprego
• Formación continua bonificada
• Obtención de certificados de profesionalidade
• Cualificación de novos perfís profesionais
• Carnés profesionais dos sectores da construción, o metal, vidro
   e rotulación, e madeira
• Certificado de aptitude profesional para o transporte (CAP)
• Prevención de riscos laborais
• Formación en nutrición
• Formación en elaboración na industria alimentaria
• Formación en manipulación de Alimentos e Seguridade Alimentaria (APPCC) ...
 
Formación específica no ámbito
dos servizos á comunidade


• Formación especializada a profesionais e institucións
• Formación de formadores e orientadores
• Formación de monitores e coidadores
• Formación ao voluntariado
• Escola de tempo libre: monitores, animadores,...
Contacte con nos Contacte con nos