Aviso legal

03 Axuda no fogar

En Sociser concibimos a axuda no fogar como un servizo de especial relevancia á hora de promover a autonomía persoal das persoas maiores e/ ou dependentes. Por iso, non baseamos a nosa actuación unicamente nun servizo de respiro familiar ou de realización de tarefas concretas, senón que asumimos o noso papel de coidador principal, mellorando no seu conxunto a vida cotiá das persoas usuarias e dos seus contornos familiares.

Dende este enfoque, articulamos sobre este servizo principal a posible prestación doutros programas e recursos complementarios, conferíndolle ao SAF un carácter de observatorio permanente que nos posibilita detectar primeiro as novas necesidades de persoas usuarias e familias, e facilitar despois as respostas profesionalizadas requiridas.

Deste xeito fomos reforzando nos últimos anos o servizo con novos programas de actuación, incrementando tanto os medios humanos como materiais e tecnolóxicos co obxectivo último de universalizar a súa prestación en toda Galicia e dar resposta así tanto á Lei de Dependencia como aos propios SAF municipais de libre concorrencia.
• Atención e coidado persoal
• Tarefas domésticas
• Acompañamento
• Atención continuada e urxencias
• Teleasistencia
• Tempo libre e lecer
• Asesoramento nas xestións administrativas
• Coordinación de servizos, seguimento e informe
Contacte con nos Contacte con nos