Aviso legal

04 Alimentación especializada

Dispoñemos dun pioneiro servizo de alimentación especializada co que asumimos o reto de crear unha oferta gastronómica saudable e de calidade que, ao tempo, se adapte tanto ás necesidades como aos gustos dos distintos colectivos sociais, incluídas aquelas persoas que contan con algún tipo de dieta especial.

Así, dende Culinaria, a nosa cociña central, elaboramos menús diarios nutricionalmente equilibrados, variados, saborosos e integrados por pratos propios da nosa gastronomía que son preparados con produtos galegos de primeira calidade, amparados por selos de garantía e controis sanitarios moi estritos.

Por tanto, non nos limitamos a concibir a elaboración alimentaria única e exclusivamente dende a perspectiva da alimentación, senón que incorporamos ademais o enfoque nutricional e dietético. Tratamos, en definitiva, de cubrir requirimentos enerxéticos si, pero tamén de axudar a regular os procesos metabólicos, contribuír a previr doenzas e facilitar a cada grupo de comensais a dieta máis saudable, segundo as súas distintas necesidades.
• Servizos de comida a domicilio
• Programas institucionais
• Centros residenciais
• Comedores escolares
• Comedores de empresa
• Xantares solidarios
• Comidas de convivencia
• Encontros en datas sinaladas...
Contacte con nos Contacte con nos